facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A asociación amigos do Camiño de Santiago de Lugo organiza unha andaina solidaria en beneficio de AFALU

11/11/2014

A asociación Amigos do Camiños de Santiago da Provincia de Lugo organiza unha "Andaina Solidaria" pola ruta "Os Muiños do Poñente" o domingo 16 de novembro en beneficio da aosciación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias de Lugo.

Sairase ás 9:00 en autobús dende a Praza de Bretaña, ao lado do Cuartel da Garda Civil, que levará aos participantes ata o principio da ruta en Castroverde.

A andaina será duns 18 km e despois repoñeranse forzas cunha comida.

Ao rematar o autobús levará os asistentes de volta a Lugo.

O custo desta andaina (traslados+comida) é de 18 €, para pagalos poñerse en contacto coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo en Tel. 638295225//638295226 ou en www.lugocamino.com, parte do recadado doarase a AFALU.

Animámosvos a todos a participar..

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar