facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Os maiores de AFAL Ferrolterra disfrutan dunha mañá de praia en Ares

27/7/2017
  • Equipo e usuarios dos Centros de Día xestionados pola asociación en Ferrol realizaron unha nova salida no marco do programa Terapias en Sociedade.

Os maiores de AFAL Ferrolterra saliron onte dos centros de día ós que acuden a diario en Ferrol para disfrutar dunha auténtica mañá de praia. A primeira hora, o transporte adaptado recollíaos ás portas de ambos centros – asociación e Rede Pública- para iniciar unha excursión cara o municipio veciño de Ares. O sol non acompañou ó principio, aínda que a mañá foi mellorando e as temperaturas subindo. Os maiores, acompañados do equipo, descalzáronse e disfrutaron dun paseo pola area. Mollaron os pés, recolleron cunchas e rememoraron experiencias pasadas vividas nalgún dos areais da súa vida.

Ademais, concluiron a mañá degustando un xelado nunha das cafeterías da zona. Para iso, fixeron a súa selección e pagaron cas súas carteiras, de modo que tamén traballaron o cálculo nesta actividade. A saída terapéutica formaba parte do programa Terapias en Sociedade.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar