facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Os maiores de AFAL Ferrolterra disfrutan dun día de praia en Cabanas

2/8/2018
  • Equipo e usuarios dos Centros de Día xestionados pola asociación realizaron unha saída no marco do programa Terapias en Sociedade.

Os maiores de AFAL saíron dos centros de día aos que acoden a diario en Ferrol para gozar dunha auténtica xornada de praia e relax. Á primeira hora, o transporte adaptado recollíaos ás portas dos centros para iniciar unha excursión cara o municipio de Cabanas. O sol acompañou e as temperaturas foron boas. Os maiores, acompañados do equipo, descalzáronse e gozaron dun paseo pola area da praia da Madalena. Mollaron os pés, recolleron cunchas e rememoraron experiencias pasadas vividas nalgún dos areais da súa vida.

Ademais, concluíron a actividade degustando unha rica merenda a base de froitas no piñeiral e xogando ao parchís.

A saída terapéutica formaba parte do programa Terapias en Sociedade.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar