facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Os maiores de AFAL Ferrolterra reviven os xogos populares da súa infancia na área recreativa de Pedroso

11/7/2018
  • No transcurso da saída terapéutica, usuarios e usuarias dos centros de día xestionados pola asociación compartiron esta experiencia cos mozos e mozas dos campamentos de verán da Escola de Tempo Libre Tempus.

Un total de 28 usuarios e usuarias dos centros de día terapéuticos xestionados por AFAL na cidade de Ferrol, xunto co equipo da asociación, foron esta mañá de excursión no marco do programa Terapias en Sociedade. O destino era a área recreativa de Pedroso, no municipio de Narón.

Chegados á zona, os maiores gozaron dunha comida campestre no entorno do río. O tempo acompañou e, así, puideron realizar diferentes actividades lúdicas en grupo. Especialmente, grazas á colaboración da Escola de Tempo Libre Tempus e da treintena de rapaces e rapazas que participan nos seus campamentos de verán. Eles fixeron posible un encontro interxeracional do máis gratificante para os maiores de AFAL que, xunto ós mozos e mozas, compartiron xogos populares como a corda, a Mariola, a petanca, carreiras de sacos ou da culler. Xogos nos que a competitividade deixou paso á cooperación, nos que os maiores reviviron experiencias pasadas e os novos aprenderon unha forma de lecer moi diferente á actual. En definitiva, unha experiencia enriquecedora para as dúas partes.

Terapias en Sociedade é un programa que, segundo explica a presidenta de AFAL, Ana María López, busca crear un contexto de vida estimulante, achegando aos maiores ós recursos comunitarios, e combatindo a sensación de illamento que provoca o alzhéimer.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar