facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Maiores de AFAL Ferrolterra realizan unha saída terapéutica ao centro de “Lobos de Naraío”

20/6/2019

Acompañados de Nala, a cadela de terapia, as persoas usuarias de AFAL Ferrolterra guiaron aos cans do centro "Lobos de Naraío" polos circuitos de “agility”, participaron nunha comida campestre e pasearon por unha natural única.

No marco do proxecto de Intervencións Asistidas con Animais, as persoas maiores de AFAL Ferrolterra realizaron o pasado luns unha nova saída terapéutica. Nesta ocasión, acudiron ao lugar da Ferreira, en Narón, para visitar o centro de "Lobos de Naraío", asociación que colabora activamente con AFAL.

Unhas instalacións nas que Nala, a cadela de terapia de AFAL Ferrol, realiza agility (deporte canino) e onde recibiu o adestramento para converterse precisamente en can de terapia.

Así, a visita non se limitou a coñecer o centro, xa que as persoas maiores participaron tamén en actividades de psicomotricidade: guiaron aos cans de intervención nos circuítos de agility fomentando a estimulación das destrezas motoras; recobraron forzas cunha comida campestre e, como broche final, descubriron a contorna natural cunha gratificante camiñata.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar