facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Maiores, familias e equipo de AFAL Ferrolterra celebrarán esta semana o Magosto

7/11/2018
  • O Centro de Día da Rede Pública organiza a súa festa este xoves e contará coa actuación estelar do grupo de música tradicional No Cómbaro.
  • O Centro de Día da asociación festexará o Magosto ó día seguinte, venres, coa actuación da compañía de teatro infantil Falsa Alarma.

AFAL continúa celebrando os festexos máis significativos do calendario e, esta semana, chega o Magosto. Durante semanas, os maiores que acoden aos centros de día terapéuticos xestionados pola asociación prepararon a decoración adecuada nos talleres ocupacionais e de manualidades. Así, mañá xoves a festa celebrarase no Centro de Día Terapéutico da Rede Pública da Xunta en Ferrol –antiga Casa do Mar-. A partir das 16,30 horas, o grupo de música tradicional No Cómbaro, de As Pontes, ofrecerá un concerto co que, sen dúbida, gozarán tanto os maiores como as súas familias e coidadores, convocados todos eles á cita. Xa ás cinco dará comezo a merenda, coas castañas como protagonistas e, media hora máis tarde, o clásico photocall.

Ao día seguinte, venres, e tamén ás 16,30 horas, arrincará o Magosto no Centro de Día da asociación –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol-. Nesta ocasión, cunha actividade conxunta de outono entre maiores e familias. A merenda, cos mesmos ingredientes que a anterior, empezará ás cinco e cuarto e, xa ás seis, representación teatral da man da compañía infantil Falsa Alarma, da parroquia de Lago, en Valdoviño. Dirixida pola actriz Alba Casas, ofrecerán os seus Contos Terroríficos. A continuación, e como broche de ouro, baile.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar