facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Manual de Traballo Social de FAGAL presentouse no XIII Congreso Estatal e I Iberoamericano desta disciplina

23/10/2017
  • A Coordinadora do manual, Romina Ferral, foi a encargada de presentar o traballo realizado no último ano por nove profesionais das AFAs galegas.
  • O XIII Congreso Estatal e I Congreso Iberoamericano de Traballo Social tivo lugar esta fin de semana en Mérida e reuniu a máis de 1.200 especialistas neste campo.

Esta fin de semana celebrouse na localidade extremeña de Mérida o XIII Congreso Estatal e I Congreso Iberoamericano de Traballo Social baixo o lema “Construíndo Comunidades Sostibles”. O evento, organizado polo Consejo General del Trabajo Social, reuniu a máis de 1.200 profesionais desta disciplina que puideron abordar arredor de 15 eixes temáticos, como o xénero e a igualdade de oportunidades ou o ámbito de intervencións dos traballadores sociais.

Este evento contou coa participación da Federación Alzhéimer Galicia, que aproveitou esta ocasión para presentar, dentro do programa de comunicacións “O traballo social en persoas e familias”, o seu manual “Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas”. Foi a súa coordinadora, a traballadora social de AFAMO, Romina Ferral, a encargada de debullar este documento elaborado por nove profesionais das AFAs galegas, a través dun grupo de traballo desenvolvido no último ano.

A coordinadora do grupo destacou a importancia deste manual, o primeiro a nivel estatal que aborda a labor do profesional do traballo social nun ámbito tan específico como o alzhéimer. Ademais quixo poñer en valor un dos obxectivos deste manual, como é o de unificar os criterios de atención nas asociacións galegas que traballan con persoas afectadas por unha demencia.

O manual “Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas” estará dispoñible nas vindeiras semanas, de maneira gratuita, na páxina web de FAGAL www.fagal.org.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar