facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Mesas informativas de AFACO polo Día Mundial do Alzheimer

20/9/2018
  • O alcalde e as concelleiras, Rocío Fraga e Silvia Cameán, acudirán á mesa situada no mercado de San Agustín, ás 11:00 horas, para fotografarse coa entidade.

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que terá lugar mañá 21 de setembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña colocará, en distintos puntos da cidade, mesas informativas. O obxectivo desta iniciativa é informar e concienciar á cidadanía, ao mesmo tempo que facer unha recadación económica para a devandita causa.

O alcalde da Coruña, Xulio Xosé Ferreiro, xunto co a terceira tenente alcalde, Silvia Cameán, e a concelleira de Igualdade y diversidade, Rocío Fraga, acudirán ás 11:00 horas á mesa situada no Mercado de San Agustín, para fotografarse coa entidade.

A asociación contará con trece mesas repartidas pola cidade. As máis céntricas situadas en: a Fundación Barrié (Cantóns); no Mercado de San Agustín e na Oficina principal de Abanca (Rúa Nova). O horario no que os traballadores e voluntarios estarán nas mesas será de 10:00 a 20:00 horas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar