facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Nace o coro ‘Os sons da memoria’ da man de AFAGA e a Fundación Coral Casablanca de Vigo

14/3/2019

O pasado 12 de marzo tivo lugar a presentación dunha nova agrupación musical que nace da colaboración entre a Fundación Coral Casablanca e Afaga Alzheimer.

Trátase do coro ‘Os sons da memoria’, formado por persoas con alzheimer ou outra demencia e polos seus familiares. Este singular coro, que xorde por mor dun acordo entre a Fundación Coral Casabranca e a asociación Afaga Alzheimer, arrinca con 18 persoas integrantes diagnosticadas cunha demencia e algúns dos seus familiares. Ademais, participarán tamén varios voluntarios da Coral que pertencen a outros coros.

Os ensaios serán os mércores pola mañá nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo, e o único requisito para formar parte desta agrupación é padecer unha demencia  neurodexenerativa, non se terá en conta se cantan mellor ou peor.
Esta bonita iniciativa utilizarase de forma terapéutica, tanto para as persoas con esta doenza, como para as súas familias, polo que se trata dunha iniciativa social moi positiva, á vez que orixinal.

Na presentación celebrada no Club Náutico de Vigo estiveron presentes: Juan Carlos Rodríguez, presidente de  Afaga, Ignacio Pérez, presidente da Fundación Coral Casabranca, Óscar Villar, director musical da Coral, e Rafael Tapias, Presidente do Real Club Náutico de Vigo.

O primer ensaio foi o mércores, 13 de marzo, e desenvolveuse moi ben. Todas as persoas integrantes, persoas con algunha demencia, familiares e persoal voluntarioda Coral, saíron moi emocionados e entusiasmados polo resultado. O director musical da Coral Casabranca, Óscar Villar, sinalou que está previsto que dean o seu primeiro concerto en xuño, no Teatro García Barbón de Vigo.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar