facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A neuróloga Mercedes Macías incorpórase ó equipo de AFAL Ferrolterra

12/3/2018
  • A asociación convírtese na primeira AFA en Galicia en ofrecer este servizo ós usuarios do seu centro de día e ás súas familias.
  • A prestixiosa neuróloga Mercedes Macías incorpórase ó equipo de AFAL Ferrolterra e, desde este mes, atenderá ós usuarios do centro de día terapéutico da asociación e ás súas familias. Farao o primeiro e terceiro luns de cada mes. A presidenta de AFAL, Ana María López, destacou a calidade profesional e humana da doutora Macías, sempre disposta a colaborar coa asociación e compartir os seus coñecementos a través de charlas promovidas por AFAL. Así mesmo, López destacou que con esta medida ofrecerase un mellor control médico sobre os usuarios, mellorando a súa calidade de vida e a dos seus coidadores e familias. Ademais, AFAL convírtese na primeira AFA en ofrecer en Galicia este tipo de servizo.

    A incorporación de Mercedes Macías permitirá intervir para regular o estado neurolóxico e condutual dos usuarios no Centro de Día Terapéutico. A doutora encargarase de realizar unha avaliación da situación actual do usuario co obxectivo de manexar os cambios consecuentes á evolución da enfermidade e os síntomas neuropsiquiátricos. Ademais, o novo servizo de neuroloxía ofrecerá asesoramento e apoio ós coidadores familiares.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar