facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Nove restaurantes madrileños acollen a Ruta Solidaria de "Recetas para el Recuerdo" con motivo do Día Mundial do Alzheimer

6/9/2018
  • O libro, editado pola marca de azafrán POTE, contén as receitas achegadas por usuarias con alzhéimer de catro asociacións, nun proxecto para visibilizar a enfermidade.
  • Durante o fin de semana do 21 ao 23 de setembro, nove coñecidos restaurantes da capital prepararán varias destas receitas e doarán o importe recadado á Federación Alzhéimer Galicia.

O pasado mes de abril, POTE presentou o libro ‘Recetas para el recuerdo’, unha bonita iniciativa editorial que recupera doce pratos tradicionais seleccionados a partir dos testemuños achegados por doce mulleres con alzhéimer de catro asociacións galegas (AGADEA, AFAMO, AFAPO e AFAL Ferrolterra). O obxectivo, achegar visibilidade a esta dura enfermidade neurodegenerativa, apoiar aos pacientes e aos seus familiares e devolver o agarimo depositado na marca ao longo de tantos anos. Os beneficios obtidos da venda do libro (15 €), no que tamén colaborou o cociñeiro Yayo Daporta interpretando as receitas, destinaranse integramente a FAGAL e as súas asociacións.

Agora, nove restaurantes madrileños únense á causa e, para poñer o foco sobre o Día Mundial do Alzheimer, organizaron unha ruta benéfica: cada local participante elixiu unha receita do libro, que se poderá probar durante o fin de semana do 21 ao 23 de setembro. O importe recadado por estes pratos será doado á federación e as súas asociacións.

Unha das receitas máis saborosas contida no libro son os fideos con ameixas, achegada pola pontevedresa Josefa Iglesias. Poderá degustarse en la Bien Aparecida, un dos restaurantes de Paco Quirós (Jorge Juan, ); tamén na Vaquería Montañesa (Blanca de Navarra, 8.), dirixido por Carlos Zamora; na asador-arrozaría do Grupo Oter Novo Gerardo ( avda. de Alberto de Alcocer, 46) e en Ramsés (praza da Independencia, 4.), fronte á Porta de Alcalá.

En Xanverí (Zurbarán, 18) o chef César Anca fará gala da súa especialidade, o arroz, neste caso con polo de curral e verduritas, receita de Dores Bermúdez, de 90 anos; e en TATEL Madrid (paseo da Castellana, 36) presentarán as ameixas á mariñeira da señora Trindade Iglesias. Dúas receitas máis informais forman a proposta de Tripea (Vallehermoso, 36. Mercado de Vallehermoso), cunha empanada de millo de bacallau, e da taberna Skull St. (Barquillo, 8), que ofrecerá unhas choupas recheas.

Doutra banda, o libro continúa á venda en www.recetasparaelrecuerdo.com e os Centros de Día colaboradores: AFAPO (Pontevedra), AFAMO ( Moaña), AGADEA (Ribeira) e AFAL Ferrolterra (Ferrol).

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar