facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O 46,8% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da Renda

12/4/2016
  • Un total de 596.995 contribuíntes non marcan ningunha casiña, nin de Fins Sociais nin da Igrexa.
  • Se estas persoas marcaran o X de Fins Sociais recadaríanse 26,6 millóns de euros
  • O ano pasado recadáronse 15.126.914, cantidade que incrementou 268.386 euros con respecto a hai dous anos.
  • Marcar un recadro non significa que se paguen máis impostos nin lle devolvan menos, dos impostos que tocan pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle quere destinar o 0,7% dos impostos que ten obriga de pagar.

As entidades do terceiro sector galego xuntáronse en Santiago esta mañá, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, para facer balance das cifras recadadas o ano pasado en Galicia mediante a asignación do 0’7% do IRPF ao recadro de Fins Sociais (Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social). Na rolda de prensa presentouse tamén a campaña X Solidario deste ano, que informa e anima ás persoas contribuíntes para que marquen o recadro de Fins Sociais á hora de facer a súa declaración da renda.

O presidente de EAPN-Galicia, Antonio Hernández Fernández, explicou que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de Fins Sociais, marcar o recadro de Fins Sociais e o da Igrexa Católica, marcar só o cadro da Igrexa Católica ou non marcar ningún recadro”. No caso de marcar os dous recadros os cartos non se dividen, senón que se multiplican por dous, pero Antonio fixo fincapé na idea de que “ é un dereito elixir que queres que se faga cos teus cartos, e non todo o mundo pon en práctica este dereito”.

Ademais, o representante de EAPN-Galicia tamén quixo aclarar que cando se marca un recadro os contribuíntes non pagan máis impostos e tampouco lles devolven menos. “Do que hai que pagar na Declaración do IRPF o Estado saca un 0’7% para que ti decidas en que se vai gastar”, concluíu. “Nos dende aquí facemos unha firme aposta para que a poboación marque a X de Fins Sociais, posto que ese diñerio irá integramente destinado a programas e a persoas en risco de exclusión, tanto a nivel nacional como en proxectos de cooperación e desenvolvemento. Sobre o 50% das persoas marca este recadro, e si houbese un incremento nesta opción a recadación para entidades como as que nós representamos sería moito maior. O noso argumentario é moi sinxelo: vivimos unha situación de crise acumulada e moitas persoas atópanse en risco de exclusión, sendo esta unha maneira de axudar e colaborar a sacalos desta situación”

O Presidente do CERMI-Galicia, Anxo Queiruga, explicou que os 15.126.914 euros recadados durante o ano pasado son repartidos entre as organizacións sociais polo que, “son un importante instrumento de política social para a loita contra a exclusión social”. Ademais disto, o Presidente do CERMI-Galicia aclarou que “Son moitos os programas e son moitos os beneficios que nos aportan os recursos que veñen a X solidaria, e dende aquí as entidades que estamos a traballar no terceiro sector pedimos e solicitamos que esa parte da sociedade galega que non marca a X Solidaria, se animen a facelo, porque non hai mellor fin que destinar unha parte dos nosos impostos a mellorar a calidade de vida de centos do persoas.”

Gema Filgueira, Presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras acadadas no recadro Fins Sociais durante a declaración da renda presentada o ano pasado. Paz apuntou que “grazas á solidariedade das persoas que destinaron o 0’7% dos seus impostos a esta finalidade obtivéronse 15.126.914” pero engadiu que, “se ese 47% de persoas que só marcan a Igrexa ou que non marcan ningún recadro apostara polo X Solidario, a cifra aumentaría en máis de 11.518.531 euros”. “Hai 596.995 galegas e galegos que non marcan o recadro de Fins Sociais, un xesto que non custa nada, e para estas persoas vai dirixida a nosa campaña” subliñou Gema Filgueira.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar