facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O alcalde de Cedeira e a tenente de alcalde coñecen o día a día do Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra

6/11/2018
  • A presidenta da asociación, Ana María López, destaca a colaboración do Concello, clave para realizar en Cedeira talleres para persoas afectadas.

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, acompañado da primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra. Ambos quixeron así participar nas xornadas de portas abertas das instalacións que AFAL impulsa ó longo do ano para dar a coñecer a súa actividade.

Alcalde e concelleira eran recibidos pola presidenta da asociación, Ana María López, así como pola directora asistencial, Noelia Ríos, e o director de Administración, José María Otero. Nesta liña, López quixo aproveitar a ocasión para destacar a colaboración prestada polo Concello, clave para a realización no municipio dos talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias. Obradoiros que continúan coa inscrición aberta no departamento municipal de Servizos Sociais ó longo do ano.

Xunto á directiva, percorreron as diferentes estancias do centro e detivéronse nas terapias nas que participan os usuarios. Dúas delas, entregáronlles aos representantes municipais unhas manualidades feitas por elas mesmas nos talleres ocupacionais e de manualidades.

Por último, o rexidor quixo destacar a importante labor que leva a cabo AFAL Ferrolterra a favor das persoas afectadas de alzhéimer e das súas familias, un pilar fundamental para afrontar esta doenza.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar