facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O CB Breogán adica o seu primeiro partido na súa volta á ACB a AFALU

27/9/2018

O primeiro partido da liga ACB de baloncesto que enfrontará esta fin de semana ao CB Breogán e o Joventut estará adicado ao traballo que realiza a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer de Lugo, AFALU.

Así, este domingo 30 a asociación lucense instalará unha mesa informativa no Pazo dos Deportes de Lugo para informar sobre as actividades que realiza tanto na capital lucense como en diversas localidades da provincia, así como sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Esta actividade realízase froito do acordo de patrocinio da Deputación de Lugo co CB Breogán, no que o club e o ente provincial impulsan unha serie de actividades de apoio e visibilidade a causas sociais de primeira orde.

Fonte: CB Breogán

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar