facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Coro "Os Sons da Memoria", promovido por AFAGA Alzhéimer, debutou no "Teatro Afundación de Vigo"

12/6/2019

O sábado, 6 de xuño, o coro ‘Os Sons da Memoria’ formado no mes de febreiro por mor dun acordo en ter a Fundación Coral Casabranca e Afaga Alzheimer, fixo a súa primeira actuación en público. E o resultado foi impresionante.

As pezas que interpretaron foron: Anduriña”, ” Perfidia”, “Cuéntame como te ha ido” ou “El Circo”. Nesta última canción uníuselles o Coro Peques Casabranca, conseguindo un resultado fantástico e moi emotivo.

Os membros desta agrupación son 26 persoas con alzhéimer ou outras demencias, as persoas coidadoras e demáis familia ademais de varias persoas voluntarias.

Baixo a dirección de Óscar Villar, moi ilusionado co novo proxecto, e acompañados de tres pianistas, un teclista e un baixo, tamén actuaron o Coro de Peques, o Coro Xuvenil, o Coro ” Gepetto” e a Coral Casabranca. Para finalizar todos xuntos sobre o escenario. En total, 450 persoas unidas interpretaron de novo “Cóntame”, a varias voces, e o “Himno galego”.

Agora, o coro gozará dunhas vacacións ata setembro, cando retomarán os ensaios.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar