facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Grupo de Traballo en Demencias de FAGAL apoia o Manifesto da OMS sobre a demencia

26/6/2015

O Grupo de Traballo en Demencias de FAGAL, conformado por profesionais do sector social, sanitario e da investigación en demencias, decidiu na súa última xuntanza asumir e promover o manifesto que xurdiu da Primeira Conferencia Ministerial da OMS sobre a loita mundial contra a demencia, celebrada o pasado mes de marzo en Xenebra (Suiza) e que reuniu a 80 países con expertos das comunidades de investigación, clínicas e ONG para discutir como, colectivamente, poderían avanzar na acción sobre a demencia a nivel mundial.

O Grupo de Traballo en Demencias de FAGAL quere trasmitir a súa defensa deste manifesto, que supón unha chamada á acción para facer fronte a esta enfermidade que afecta a uns 47 millóns de persoas en todo o mundo, e mostra a súa preocupación pola falta de participación do Goberno de España nesta conferencia, nunha cuestión que considera de prioridade pública.

Nos enlaces pódense ver o manifesto e o resto de documentación aprobada en dita conferencia.

Fotografía: https://ascadacr.wordpress.com

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar