facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Ministerio de Sanidade e os conselleiros de Sanidade das Comunidades Autónomas aproban a primeira Estratexia de Enfermidades Neurodexenerativas

14/4/2016

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e os conselleiros de Sanidade das Comunidades Autónomas aprobaron onte a primeira Estratexia de Enfermidades Neurodexenerativas do Sistema Nacional de Saúde, que ten como principais liñas de actuación mellorar o diagnóstico, dar atención personalizada aos pacientes e establecer programas que faciliten o respiro de quenes coidan das persoas afectadas.

Na súa comparecencia, o ministro subliñou a importancia da aprobación desta Estratexia de Enfermidades Neurodexenerativas, cuxa incidencia está en aumento debido ao envellecemento da poboación. Ainda que hai máis de 600 destas patoloxías, as principais, pola súa alta prevalencia e gravidade, son Alzhéimer, Parkinson, Huntington e ELA (Esclerose Lateral Amiofrótica). Segundo diferentes estudos de prevalencia destas e outras enfermidades, estímase que en torno a un millón de españois poden estar padecendo unha enfermidade neurodexenerativa.

A primeira liña da estratexia refírese á prevención da enfermidade e á mellora do diagnóstico precoz, para o que establece que hai que elaborar procesos de derivación a atención hospitalaria dende os centros de saúde e programas de seguemento para persoas de alto risco xenético.

En segundo lugar, o documento trata a atención ás persoas con estas enfermidades e determina que as Comunidades Autónomas elaboren plans que integren a atención social e a sanitaria. De feito, por primeira vez, participaron representantes das CC AA tanto das consellerías con competencias en Sanidade, como aquelas con competencia en Servizos Sociais. Aquí se contempla tamén facer un plan individualizado de atención a cada paciente e ter en conta o risco social.

Por outro lado, esta estratexia acordada onte coas comunidades fai especial énfase nas persoas coidadoras e establece programas de respiro para facilitar o seu descanso e programas de apoio emocional, como accións formativas de autocoidado (manexo do estrés, relaxación, etc.).

Outras liñas estratéxicas abordadas polo documento son a sensibilización sobre as enfermidades neurodexenerativas para aminorar o estigma, a formación de profesionais e o fomento da investigación en liñas como estudos epidemiolóxicos, factores de risco, novas terapias farmacolóxicas ou tratamentos non-farmacolóxicos.

Ademais, informouse ao pleno dos resultados da implementación da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS (na abordaxe da cronicidade). Neste marco, desenvolvéronse diversos recursos online para a capacitación para profesionais e dos cidadáns para fomentar a promoción de estilos de vida saudable.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar