facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Nadal chega ós Centros de Día de AFAL Ferrolterra

21/12/2018
  • Familias, maiores e equipo celebran estas festas con merenda e recitais de panxoliñas do Conservatorio Xan Viaño e do coro do Colexio Cristo Rey.

O Nadal chegou aos Centros de Día xestionados por AFAL Ferrolterra na cidade naval. E, por tal motivo, a asociación organizaba onte e hoxe senllas festas para os seus usuarios e familias. A primeira celebración tiña lugar onte no Centro da Rede Pública de Alzheimer da Xunta –situado na antiga Casa do Mar-. Alí, o equipo de profesionais preparaba unha deliciosa merenda do Nadal para os maiores e ambientaba o centro con música de panxoliñas a maiores de guirnaldas e motivos da época. Unha celebración que vivía o seu momento máis emotivo co concerto que ofreceron os alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol. Un concerto no que as panxoliñas foron protagonistas como marca a tradición e que tiña o seu broche de ouro coa actuación conxunta de nenos e nenas e maiores, entoando o “Noite de Paz”, entre outras letras. Tamén, como marca a tradición, familias e maiores pasaron polo photocall de Nadal e os segundos entregaron aos primeiros un bonito agasallo elaborado por eles mesmos: unha figuriña para adornar a árbore. Ademais, as familias axudaron a crear a árbore de Nadal de AFAL e plasmaron os seus desexos para o novo ano no libro realizado pola asociación para este fin.

Hoxe, pola tarde, chegará a quenda para os usuarios do Centro de Día Terapéutico de AFAL na rúa Río Castro, primeiro centro destas características aberto por unha asociación en Galicia. Á festa sumaranse tamén as familias. Nela, os maiores afectados pola enfermidade compartirán con elas unha merenda a base de turróns, polvoróns, mantecados, pasas e outros produtos típicos destas datas. Tampouco faltará a actuación musical e, nesta ocasión, a asociación conta coa colaboración do Colexio Cristo Rey de Ferrol. O seu coro de voces infantís, integrado por uns 40 nenos e nenas, desprazarase ata o centro para interpretar as súas particulares versións de panxoliñas clásicas e mesmo algún tema propio.

Haberá photocall e tamén agasallo para as familias.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar