facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Programa Rede Paraugas Alzheimer galardoado na VIII Edición dos Premios AGADER

16/11/2017
  • Os VIII Premios AGADER, convocados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, teñen como obxectivo premiar aquelas iniciativas que contribúan de maneira singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade máis dinámica e cohesionada.
  • Red Paraguas Alzheimer foi galardoado co Terceiro Premio.
  • O acto de entrega tivo lugar onte mércores, 15 de novembro, no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil.
  • Rede Paraugas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar ás familias de persoas con alzhéimer no rural galego, con atención e apoio directo aos coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar o asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes.

Rede Paraugas Alzheimer, posto en marcha pola Federación Alzhéimer Galicia e a Fundación Barrié, foi galardoado na VIII Edición dos Premios AGADER ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Estes Premios, convocados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, teñen como obxectivo premiar aquelas iniciativas que contribúan de maneira singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade máis dinámica e cohesionada.

O acto de entrega dos Premios tivo lugar onte mércores, 15 de novembro, no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ao mesmo asistiron a directora de Acción Social da Fundación Barrié, Mª Isabel Pérez, e por parte da Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL), o seu presidente Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

Rede Paraugas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar ás familias de persoas con alzhéimer no rural galego, con atención e apoio directo aos coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar o asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes.

No marco de Rede Paraugas Alzheimer desenvolvéronse as seguintes actividades:

1. Charlas informativa: desde o punto de vista sanitario, social e psicolóxico, orientadas aos síntomas que pode manifestar o afectado. Conseguiuse crear un grupo estable de familiares que puidesen participar en actividades posteriores (39 charlas, 1.053 asistentes)

2. Ciclos de formación: compostos por catro charlas/obradoiros desde os que se abordaron as demencias desde diferentes ámbitos co obxectivo de dotar aos familiares de pautas de actuación nas diferentes etapas da enfermidade (10 ciclos, 200 participantes)

3. Unidades de memoria: orientadas a persoas cunha demencia. O formato das sesións dos talleres foi dinámico e atractivo para os asistentes, creando un espazo didáctico e distendido. As intervencións baseáronse en técnicas de estimulación de eficacia probada: estimulación cognitiva, actividades da vida diaria, musicoterapia... Abriuse unha ficha por cada unha das persoas asistentes e mantívéronse reunións individuais periódicas con eles e/ou cos seus familiares (5 unidades, 62 participantes).

Ademais, entre o ano 2015 e 2016 abríronse 11 unidades rurais de atención social que atenderon a 276 familias e que se materializaron en 6 convenios de colaboración entre os Concellos desas comarcas e as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias da devandita área.

O pasado mes de febreiro a Federación Alzhéimer Galicia e a Fundación Barrié renovaron o seu convenio de colaboración co obxectivo de emprender unha terceira parte do Programa Rede Paraugas Alzheimer, co que se pretende poñer en marcha novas unidades de respiro e de atención a familias coidadores.

Imaxe: www.xunta.gal

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar