facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Programa Rede Paraugas Alzhéimer e o Manual de Fisioterapia de FAGAL, presentes no 59 Congreso da SEGG

8/6/2017

Onte comezou na Coruña a 59 edición do Congreso da Sociedade Española de Xeriatria e Xerontoloxía e o 29 Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, que teñen lugar no Palacio de Congresos e Exposicións da cidade herculina. Este ano, e baixo o lema “Envellecemento e cronicidade: unha oportunidade para a prevención e a innovación”, a SEGG pretende reivindicar o papel determinante que para a atención á cronicidade deben xogar a Xeriatría e a Xerontoloxía.

Neste congreso que se pecha mañá tamén tivo a súa parte de protagonismo dous dos proxectos máis importantes da Federación Alzhéimer Galicia: o Programa Rede Paraugas e o Manual de Fisioterapia en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Ambos proxectos foron presentados no día de hoxe a través dunha comunicación en formato póster no que se aportou ós asistentes as principais achegas destas dúas iniciativas.

O Programa Rede Paraugas Alzhéimer é un proxecto posto en marcha por FAGAL e a Fundación Barrié no ano 2013 e que acaba de poñer en marcha a súa terceira edición, na que se pretende seguir apoiando ó rural galego en materia de demencias, neste caso a través de unidades de respiro para familias coidadoras, así como continuar con actividades de sensibilización interxeracional nas vilas galegas.

Pola súa banda, a coordinadora do Grupo de Traballo en Fisioterapia de FAGAL, Vanesa López, tivo a oportunidade de presentar o manual “Fisioterapia en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas” no que se traballou nos últimos meses e que se atopa xa en fase de deseño. Este manual ten como obxectivo ser un manual de referencia para os profesionais deste ámbito que traballan con persoas cunha demencia neurodexenerativa.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar