facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O VI Congreso SOGALCA premia a comunicación de FAGAL

5/6/2015

A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (FAGAL) foi premiada onte no VI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial, celebrado no Edificio CINC da Cidade da Cultura. En concreto, a federación recibiu o premio á mellor comunicación, pola súa ponencia "Red Paraguas: O éxito da participación do sector asociativo, as entidades locais e as familias de enfermos de Alzhéimer", realizada polo traballador social de FAGAL, Javier Hermida.

A nosa comunicación resultou gañadora xunto coa ponencia "Influencia dunha intervención educativa no manexo dos pacientes hospitalizados con DM tipo 2", e foi elexida entre máis de 60 comunicacións que se presentaron ao longo dos dous días que durou o Congreso.

O Programa Red Paraguas, creado en 2013 e renovado neste ano 2015, trátase dun amplo programa de actividades e servizos que busca mellorar a atención e a calidade de vida das familias coidadoras de persoas enfermas de alzhéimer, a través dun convenio asinado entre a Fundación Barrié e a Federación Galega de Alzhéimer (FAGAL).

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar