facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Obra Social ”la Caixa” destina 12.000 euros a un programa de AFAGA para mellorar a calidade de vida dos coidadores de persoas con alzhéimer

21/6/2018

A Obra Social ”la Caixa” concedeu unha axuda por valor de 12.000 euros a un proxecto en Vigo destinados a fomentar a autonomía e a calidade de vida de persoas en situación de dependencia. Esta axuda correspóndese coa convocatoria de "Promoción da autonomía e atención ao envellecemento, á discapacidade e á dependencia 2018", que subvenciona proxectos que promovan a calidade de vida de persoas en situación de dependencia, así como da súa contorna familiar.

O programa que poñerá en marcha AFAGA, Emponderada-MENTE, ten como principal obxectivo ofrecer unha correcta atención aos/as coidadores/as familiares, evitando así a “síndrome do coidador queimado”. Con este obxectivo, ofreceranse unha dobre atención: individual e grupal.

Por unha banda, a atención individual consistirá en citas de carácter presencial ou outras vías (telefónica, Skype, etc). E, doutra banda, desenvolveranse reunións de carácter grupal e terapéuticas, na que as persoas coidadoras poñerán en común as súas emocións, dúbidas, estratexias de coidado ao seu familiar enfermo,… Todas as sesións estarán guiados por un/ha psicólogo/a.

Ademais, planificaranse saídas de lecer e ofrecerase un servizo de mediación familiar, un recurso que actualmente conta cunha gran demanda por parte das familias que chegan á asociación.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar