facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Os galardonados no IV Concurso de Fotografía sobre alzhéimer de AFABER recibiron onte os seus premios

21/12/2018

Onte AFABER realizou na súa sede de Carballo a exposición das fotografías participantes e a entrega de premios do seu IV Concurso de Fotografía sobre alzhéimer, no que participaron un total de 42 imaxes de 19 participantes.

O primeiro premio foi parar a Xabier González, que recibiu de man do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, unha cámara instántanea, un albúm fotoportada e olería de buño. O segundo premio recaeu en Uxía Carreira, recibindo de Javier Fraga, representante de Interfilm, un marco dixital, un albúm fotoportada e olería buño. O terceiro posto foi para Mª Lourdes Rey, que recibiu de mans da Concelleira de Servizos Sociais de Carballo, Maica Ures, unha bolsa portacámara, un trípode, un albúm fotoportada e olería de buño. Asimesmo o Presidente de AFABER, Jesús Villar, entregou un accésit a José M. Pérez.

Este concurso foi posible un ano máis grazas á colaboración e ao apoio financeiro de Mónica e Javier, representantes de Interfilm Carballo.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar