facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Os usuarios de AFAPO realizaron un obradoiro de cociña dentro do proxecto “Prevención e Promoción da saúde”

9/11/2018

Esta semana, os usuarios e as usuarias dos obradoiros de memoria de AFAPO disfrutaron dun obradoiro de cociña impartida por Francesco Ianelli, dono do Restaurante Il Piccolo de Pontevedra, e que se desenvolveu na Casa Azul do Concello de Pontevedra.

Durante a actividade, os asistentes elaboraron uns tallaríns de masa fresca con salsa pesto, que remataron degustando unha vez finalizado o cociñado. Esta actividade está incluída dentro do proxecto “Prevención e Promoción da saúde”, posto en marcha grazas ao plan de responsabilidade social de Ence.

Entrega de material de apoio

Tamén esta semana a asociación pontevedresa recibiu de mans de representantes do Rotary Club de Pontevedra e o Conservatorio Mayeusis o material de apoio adquirido coa recadación do concierto solidario "El mundo es música", que se celebrou o pasado mes de abril.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar