facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Parlamento de Galicia insta ó Goberno de España ó recoñecemento automático do 33% de discapacidade ás persoas que se lles diagnostique unha enfermidade neurodexenerativa

30/6/2016
  • A moción foi debatida onte a petición da Federación Alzhéimer Galicia, e aprobada por unanimidade pola Cámara.
  • Esta petición tamén insta ó Goberno Central a atender as peticións das asociacións de persoas con enfermidades neurodexenerativas.

O pleno do Parlamento de Galicia aprobou onte a tarde por unanimidade, a petición da Federación Alzhéimer Galicia, unha moción presentada polo Grupo Parlamentario Socialista e debatida por todos os grupos no que se solicita ó Goberno de España a modificación do baremo para a avaliación do grao de discapacidade para que se recoñeza de maneira automática o 33% de discapacidade ás persoas que se lles diagnostique unha enfermidade neurodexenerativa.

Asi mesmo, esta moción tamén insta ó Goberno Central a atender as peticións das asociacións de persoas con enfermidades neurodexenerativas, tendo en conta todas as especifidades destas enfermidades nos procesos de revisión e actualización dos baremos, buscando en todo momento poder realizar os procesos de valoración con equidade e atendendo ás características do avance do proceso dexenerativo.

O recoñecemento do 33% na discapacidade das persoas diagnosticadas con enfermidades neurodexenerativas, con independencia da valoración, contribuiría a mellorar o seu acceso a recursos, servizos ou prestacións e evitaría que se xeraran posibles situacións de desprotección como as que se están xerando na actualidade.

Esta moción aprobada hoxe por todos os grupos parlamentarios do Parlamento galego –PP, PSOE, AGE, BNG e Grupo Mixto- é unha iniciativa da Neuroalianza, a Alianza Española de Enfermidades Neurodexenerativas, e xa foi aprobada noutras cámaras autonómicas, como é o caso de Navarra.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar