facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O pazo de San Paio, na localidade de Miño, acollerá mañá o ‘Encontro de coidadores familiares’ de AFACO

15/6/2017
  • Quenes teñen ó seu cargo unha persoa con alzhéimer ou demencia terán a oportunidade de poñer en común as súas experiencias a través de charlas e obradoiros.
  • O programa inclúe unha actuación do cantautor coruñés Carlos Bau, que xa colaborou con AFACO en anteriores ocasións.

O pazo de San Paio de Bañobre, na localidade de Miño, acollerá mañá (16 de xuño) unha nova edición do "Encontro de coidadores familiares" organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de A Coruña (AFACO). A través da posta en común das súas experiencias persoais e da realización de diversas actividades, os coidadores poderán coñecer como outros na súa mesma situación afrontan as dificultades que implica o coidado dunha persoa con alzhéimer.

O alcalde de Miño será o encargado de inaugurar, ás 11.15 horas, unhas xornadas que incluirán tamén unha actuación do cantatutor coruñés Carlos Bau, que xa colaborou con AFACO en anteriores ocasións.

Ó encontro poderán asistir membros dos grupos de coidadores de Música e Saúde, de AFACO; Coidando emocións, de Oleiros; e Mellorando, de Chantada. Estes grupos sirven para que os coidadores compartan actividades que lles axuden a afrontar os sentimentos de soidade e impotencia que, con frecuencia, aparecen asociados ó coidado dun familiar con alzhéimer ou demencia.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar