facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Maiores de AFAL Ferrol, protagonistas do Día da Fundación Decathlon

4/6/2019
  • Participarán mañá mércores nunha gymkana de actividades na que practicarán, entre outros deportes, voleibol e baloncesto.

Cada ano, Decathlon colabora con diferentes entidades sociais realizando encontros e actividades deportivas nas súas instalacións e doando o material deportivo utilizado ás devanditas entidades. E, nesta ocasión, a firma Decathlon decidiu que AFAL Ferrol sería a premiada no Día da Fundación Decathlon deste ano.

Mañá mércores, 5 de xuño, de 12 a 13 horas as persoas usuarias de AFAL Ferrol participarán nunha gymkana de actividades de psicomotricidade que incluirá accións con Nala, a cadela de terapia de AFAL; xogos populares e deportes terapéuticos como baloncesto e voleibol. Actividades todas elas que buscan incrementar a independencia funcional das persoas con alzhéimer e mellorar a súa calidade de vida.

Desde AFAL, a súa presidenta, Ana María López, quixo agradecer o apoio de Decathlon e tamén de Tere López Allegue, voluntaria da asociación e traballadora da firma deportiva quen tras coñecer esta dinámica da empresa, comentou a posibilidade de que AFAL Ferrol participase no proxecto.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar