facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Presentación do Informe sobre exclusión e desenvolvemento social de Galicia

12/12/2014

Onte FAGAL acudiu á presentación do Informe sobre exclusión e desenvolvemento social de Galicia que tivo lugar na sede da Fundación Barrié na Coruña.

O devandito informe encádrase na presentación do do VII Informe sobre exclusión e desenvolvemento social en España 2014.

Este informe, que elabora a Fundación FOESSA, é unha referencia a nivel estatal da situación da pobreza e a exclusión social, realízase cos datos obtidos a partir da Enquisa sobre Integración e Necesidades Sociais 2013.

A presentación comezou cun relatorio titulada "a privatización do vivir social" realizada por Don Antonio Izquierdo Escribano, Catedrático de Socioloxía da Universidade A Coruña, membro do Comité Científico Fundación FOESSA, e seguiulle a Presentación do Informe por parte de Guillermo Fernández Maillo, sociólogo do Equipo de Estudos Cáritas Española, membro do Comité Técnico Fundación FOESSA.

Para acceder a ambos os dous estudos facer clik nos seguintes enlaces:

Informe Galicia:
http://www.foessa2014.es/informe/uploaded/ccaa/11122014060822_8174.pdf
Informe España:
http://www.foessa2014.es/informe/uploaded/capitulos/pdf/24102014184629_5...

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar