facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Presentación do manual de Terapia Ocupacional na Universidade da Coruña

3/5/2018

Onte tivo lugar, na Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, a presentación do manual "Terapia Ocupacional en alzhéimer e outras demencias", publicado pola Federación Alzhéimer Galicia o pasado ano e elaborado por nove profesionais deste ámbito que traballan nas asociacións de alzhéimer galegas.

Na presentación, destinada ó alumnado de terceiro curso do Grao en Terapia Ocupacional, estiveron presentes a coordinadora do manual, Noelia Ríos, e a vicepresidente da Federación Alzhéimer Galicia, Mª Carmen Martinez, que foi a encargada de facer a introdución da charla. Durante o acto, a coordinadora do traballo realizou un achegamento polo proceso de elaboración deste manual, ademais de debullar os contidos cos que conta este manual.

Este manual específico en Terapia Ocupacional quere presentar dun xeito ordenado a metodoloxía de intervención neste ámbito nas asociacións que traballan coas persoas con alzhéimer. O libro está dirixido tanto os/as profesionais da Terapia Ocupacional, como a profesionais do sector sociosanitario interesados neste campo. Este manual está dispoñible, de maneira gratuita, na seguinte ligazón: http://fagal.org/documento/manual-terapia-ocupacional-en-alzheimer-e-out...

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar