facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Presentación do manual de Traballo Social na Escola de Traballo Social da Universidade de Santiago

15/3/2018

Onte tivo lugar, na Escola Universitaria de Traballo Social da Universidade de Santiago, a presentación do manual "Traballo Social en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas", publicado pola Federación Alzhéimer Galicia o pasado ano e que foi elaborado polas profesionais que traballan nas asociacións de alzhéimer galegas.

Na presentación, destinada ás alumnas e alumnos de primeiro curso desta titulación, estiveron presentes a coordinadora do manual, Romina Ferral, e unha das autoras e traballadora social na federación, Lucía Ruanova. Durante o evento, as dúas autoras fixeron unha aproximación á situación do envellecemento e das demencias en Galicia, para continuar cun percorrido polos contidos que se poden atopar neste manual.

Este manual específico en Traballo Social pretende dar unha ampla visión do traballo dos profesionais neste ámbito nas asociacións de persoas con alzhéimer, incluíndo información útil para as familias, como os recursos sociais existentes ou os servizos realizados polas AFAs. Este documento está dispoñible, de maneira gratuita, na web www.fagal.org

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar