facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Programa Red Paraguas Alzheimer, da Fundación Barrié e FAGAL, galardoado nos XXI Premios CIUDADANOS

13/12/2017

O Programa Red Paraguas Alzheimer, posto en marcha no ano 2013 pola Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié, foi galardoado na XXI Edición dos Premios CIUDADANOS.

Estes Premios, convocados pola asociación sen ánimo de lucro do mesmo nome, teñen como obxectivo recoñecer aqueles proxectos que enxalzan as virtudes solidarias e os valores cidadáns, así como sensibilizar á sociedade da necesidade e a importancia de valores como o esforzo, a dedicación e o compromiso cos cidadáns.

O Programa Red Paraguas, que comparte premio con entidades tan destacadas como o CERMI ou o COE, foi recoñecido nesta ocasión por facilitar formación de calidade a coidadores e familiares de persoas con alzhéimer no rural galego.

Este premio entregouse nunha gala que tivo lugar onte no Salón de Actos do Ateneo de Madrid. José Manuel Fontenla, membro da Xunta Directiva da Federación Alzhéimer Galicia, foi o encargado de recibir o galardón en representación de ambas as entidades.

Programa Red Paraguas Alzheimer

No ano 2013, a Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia, puxeron en marcha este proxecto co obxectivo de apoiar ás familias de persoas con alzhéimer do rural galego, proporcionando atención e apoio directo aos coidadores e establecendo unidades de memoria para as persoas afectadas.

Así, durante os últimos 4 anos, desenvolvéronse nas zonas rurais de Galicia 39 charlas informativas desde o punto de vista sanitario, social e psicolóxico, nas que participaron máis de 1.000 asistentes e tras as que se conseguiu crear un grupo estable de familiares para participar en actividades posteriores. Ademais, realizáronse 10 ciclos formativos cunha participación de 200 persoas, onde se abordaron as demencias desde diferentes ámbitos, co obxectivo de dotar aos familiares de pautas de actuación nas diferentes etapas da enfermidade.

Doutra banda, creáronse 5 unidades de memoria orientadas a persoas cunha demencia e onde levaron a cabo talleres de intervención baseados en técnicas de estimulación cognitiva, actividades da vida diaria ou a musicoterapia, entre outras. Ademais, entre o ano 2015 e 2016 abríronse 11 unidades rurais de atención social que permitiu atender a 276 familias, e que se materializaron en 6 convenios de colaboración entre os Concellos desas comarcas e as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias da devandita área.

A principios deste ano, a Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié renovaron o seu convenio de colaboración para iniciar a terceira parte do Programa Rede Paraguas Alzheimer, co que xa se puxeron en marcha novas unidades de respiro para persoas con alzhéimer e de atención a familias coidadoras.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar