facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Programa Red Paraguas Alzheimer, da Fundación Barrié e FAGAL, premiado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia polas súas boas prácticas

24/3/2017
  • Os Premios do Día Mundial do Traballo Social 2017, convocados polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, teñen como obxectivo recoñecer, premiar e divulgar traballos de investigación e boas prácticas relacionadas ca disciplina do traballo social en Galicia.
  • Red Paraguas Alzheimer foi galardonado na categoría boas prácticas.
  • O acto de entrega terá lugar hoxe venres, 24 de marzo en Santiago de Compostela.
  • Red Paraguas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar ás familias con enfermos de alzhéimer no rural galego con atención e apoio directo ós coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar o asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes.

Red Paraguas Alzheimer, posto en marcha pola Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié, foi galardonado na modalidade de boas prácticas nos Premios do Día Mundial de Traballo Social 2017.

Estes Premios, convocados polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, teñen como obxectivo recoñecer, premiar e divulgar traballos de investigación e boas prácticas relacionadas ca disciplina do traballo social en Galicia.

O acto de entrega dos Premios terá lugar hoxe venres, 24 de marzo, na sede de Afundación en Santiago de Compostela ás 18h. Ó mesmo asistirán a directora de Acción Social da Fundación Barrié, Mª Isabel Pérez, e por parte da Federación Alzheimer Galicia (FAGAL), o seu presidente Juan Carlos Rodríguez Bernárdez e o traballador social da entidade Javier Hermida.

Red Paraguas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar ás familias con persoas con alzhéimer no rural galego con atención e apoio directo ós coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar en asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes.

No marco de Red Paraguas Alzheimer desenvolvéronse as seguintes actividades:

  1. Charla informativa: dende o punto de vista sanitario, social e psicolóxico, orientado ós síntomas que pode manifestar o afectado. Conseguiuse crear un grupo estable de familiares que puidesen participar en actividades posteriores (39 charlas, 1.053 asistentes)
  2. Ciclo de formación: composto por catro charlas/obradoiros dende os que se abordaron as demencias dende diferentes ámbitos co obxectivo de dotar ós familiares de pautas de actuación nas diferentes etapas da enfermidade (10 ciclos, 200 participantes)
  3. Unidades de memoria: orientadas a persoas cunha demencia. O formato das sesións dos obradoiros foi dinámico e atractivo para os asistentes, creando un espazo didáctico e distendido. As intervencións estiveron baseadas en técnicas de estimulación de eficacia probada: estimulación cognitiva, actividades da vida diaria, musicoterapia... Abriuse unha ficha por cada unha das persoas asistentes e mantivéronse reunións individuais periódicas con eles e/ou cos seus familiares (5 unidades, 62 participantes).

Ademais, entre o ano 2015 e 2016 abríronse 11 unidades rurais de atención social que atenderon a 276 familias e que se materializaron en 6 convenios de colaboración entre os Concellos desas comarcas e as asociaciones de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias de dita área.

O pasado mes de febreiro a Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié renovaron o seu convenio de colaboración co obxectivo de emprender unha terceira parte do Programa Red Paraguas Alzheimer, co que se pretende poñer en marcha novas unidades de respiro e de atención a familias coidadoras.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar