facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O proxecto “Talleres de prevención para persoas con deterioro cognitivo leve” de AFAOR foi un dos beneficiados da XIII Convocatoria de Axuda a Proxectos Sociais de DKV Seguros

28/6/2018

DKV Seguros entregou 12.000€ á Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Ourense ( AFAOR). Esta doazón enmárcase na XIII Convocatoria de Axuda a Proxectos Sociais de Saúde e Discapacidade de DKV Seguros, na categoría de Envellecemento activo, que premia proxectos que melloren a saúde e a calidade de vida de persoas máis vulnerables. Nesta convocatoria, AFAOR, conseguiu situarse no primeiro posto da súa categoría (envellecemento activo).

O proxecto “Talleres de prevención para persoas con deterioro cognitivo leve” presentado por AFAOR consiste na realización de talleres de estimulación cerebral para 200 persoas maiores de 50 anos que presentan leves síntomas de deterioro cognitivo, sen patoloxía asociada ou diagnosticable, que lles impiden participar de maneira normalizada en actividades de mellora e mantemento da reserva cognitiva, tanto en grupos de persoas válidas como dependentes, que precisan un tratamento diferencial e que non encaixan en ningún recurso público ou privado.

Na firma do convenio e entrega do talón, que tivo lugar nas oficinas centrais de DKV Seguros na Rúa Progreso de Ourense, estiveron presentes, por parte de DKV, Begoña Díaz Sebastián, directora da sucursal, e Mariló Neira, Presidenta de AFAOR

Os dez proxectos gañadores foron elixidos entre 52 finalistas grazas a máis de 21.240 votos emitidos por empregados, mediadores, profesionais sanitarios, clientes e provedores e tamén por público xeral, quen designou os proxectos que recibirán axuda económica a través da campaña “Ti decides”.