facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Rede Galega de Investigación en Demencias organiza o seu III Foro na Facultade de Psicoloxía da USC

24/9/2018

A Rede Galega de Investigación en Demencias REGIDEM, organiza este xoves 27 de setembro a terceira edición do seu Foro, que reunirá no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía de Universidade de Santiago a expertos na investigación desta doenza neurodexenerativa e profesionais do sector sociosanitario.

Este Foro comezará ás 16h coa conferencia “O papel do adestramento cognitivo para
fomentar a saúde cognitiva e cerebral en persoas en risco de demencia”, da doutora Sylvie Belleville da Universidade de Montreal. A continuación, será o turno do doutor Simon Duchesne, da Universidade Laval, que ofrecerá a conferencia “Consorcio de Quebec para a identificación temperá da enfermidade de Alzheimer: neuroimaxe e biomarcadores”.

A inscrición está aberta de maneira gratuíta para todas as persoas interesadas, que deberán enviar un correo electrónico a arturoxose.pereiro@usc.es para confirmar a súa asistencia.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar