facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Remata o proxecto “Prevención e promoción da saúde” de AFAPO

20/12/2017

A semana pasada, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Pontevedra, AFAPO, finalizou o proxecto “Prevención e promoción da saúde”, programa posto en marcha grazas á axuda de ENCE e o seu programa “Marco de Responsabilidade Social Corporativa”.

Os usuarios e usuarias da asociación puideron realizar a través deste proxecto actividades como os obradoiros de memoria, obradoiros formativos e de horticultura ou visitas á propia ENCE ou a empresa Hifas da Terra.

Este proxecto, desenvolvido nos últimos meses do ano, foi moi satisfactorio para os usuarios, que disfrutaron de diversas experiencias co obxectivo mellorar a súa calidade de vida.

Festa de Nadal

A asociación pontevedresa tamén celebrou esta semana a súa festa de Nadal, na que usuarios, traballadores e familias disfrutaron de música, baile e unha merenda con produtos típicos destas datas. Esta festa foi amenizada polo grupo musical “Los Antonis”, que acudiron de maneira altruista a esta celebración.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar