facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Sete millóns de persoas benefícianse da casiña “X Solidaria” da Renda

8/4/2016

Grazas á solidariedade das persoas contribuintes que marcaron a casiña de “Actividades de Interese Social” na súa declaración da Renda en 2015, durante este ano, 470 entidades sociais porán en marcha 1.272 programas sociais que beneficiarán prácticamente a 7 millóns de persoas en risco de exclusión social. Ademais, co total recadado, realizaranse proxectos en países de África, América Latina e Asia realizados por ONG para o Desenvolvemento e proxectos destinados á protección do Medio Ambiente.

A presentación da campaña “X Solidaria” 2016, que tivo lugar este martes na sede de Cruz Vermella Española e que foi presidida polo Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en funcións, Alfonso Alonso; contou coa participación da Presidenta da Plataforma de ONG de Acción Social, Estrella Rodríguez; o Presidente da Plataforma do Terceiro Sector, Luciano Poyato; o Presidente da Cruz Vermella Española, Javier Senent; así como distintas persoas que son beneficiarias dos programas e servizos que desenvolven as ONG con cargo ás cantidades recadadas vía IRPF.

O Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en funcións, Alfonso Alonso, expresou a súa gratitude cara o traballo e continuo esforzo que levan a cabo as ONG. Un traballo que, segundo destacou, foi e sigue sendo importante, tras varios anos de crise económica e das consecuencias que, en forma de desemprego, supuxo para tantas familias españolas.

Ao mesmo tempo, Alfonso Alonso destacou que durante estes anos fixéronse avances importantes, como a creación da Mesa do Diálogo Civil ou a aprobación das novas leis do Voluntariado e do Terceiro Sector.

A Presidenta da Plataforma de ONG de Acción Social, Estrella Rodríguez, confirmou que “aínda hai 9 millóns de persoas contribuíntes que non marcan a “X Solidaria”. Un 30% non marca ningunha casiña e un 16% marca en exclusiva a casiña da Iglesia Católica, o que supón o 46% do total de persoas que presentaron a súa declaración da Renda no ano 2015”.

Pola súa parte, Estrella Rodríguez invitou ás persoas contribuintes a que, a partir deste mércores, día no que poden comenzar a confirmar a súa declaración da Renda, non olviden revisar o borrador comprobando que marcaron a casiña “X Solidaria”, “un simple xesto que non nos custa nada e que permite que cada ano as ONG podan atender as necesidades concretas de 7 millóns de persoas en risco de exclusión social”, sinalou.

O Presidente da Plataforma do Terceiro Sector, Luciano Poyato, afirmou que as ONG “pedimos ás persoas contribuintes que marquen esta casiña na súa declaración porque así contribuimos ao desenvolvemento da nosa sociedade, ao mantemento da democracia e das garantías individuais e de dereitos que recolle”.

Así, Luciano Poyato explicou que o diñeiro recadado destínase a “programas dirixidos a apoiar á infancia e a familia, ás persoas maiores, a persoas con discapacidade, mulleres en risco de exclusión, inmigrantes, persoas con adiccións ou colectivos que por diversos motivos atópanse en situación de exclusión” e recordou á súa vez que “unha acción tan simple como marcar o equis na declaración da renda pode cambiar a vida de millóns de persoas que precisan da solidariedade das persoas contribuintes”. Por último, o Presidente da Plataforma do Terceiro Sector aproveitou a presenza do Ministro en funcións para “subliñar a necesidade de conseguir un modelo de financiación que ofreza estabilidade e sostibilidade ao sector” e “para seguir cumplindo a función básica de equilibrio territorial que exercen as ONG con estes fondos”, afirmou.

O Presidente de Cruz Vermella Española, Javier Senent, que deu a benvida ás persoas asistentes, afirmou que “grazas ás persoas que marcan a ‘X Solidaria’ na súa Declaración da Renda, dende Cruz Vermella Española desenvolvemos máis de 50 proxectos dirixidos á poboación máis vulnerable, cos que apoiaremos a máis de 425.000 persoas en 2016”.

Marcar a casiña de Actividades de Interese Social é un xesto solidario que non custa nada ás persoas contribuintes e que ao facelo permite destinar un 0,7% dos seus impostos a programas sociais que realizan as ONG e que atenden necesidades concretas das persoas. É posible marcar a casiña de Actividades de Interese Social ainda que xa se marque a da Iglesia Católica e destinar un 0,7% a cada unha de elas. Simultaneando as dúas casiñas, a axuda non se divide, súmase.

A campaña “X Solidaria”, dirixida a informar e sensibilizar ás persoas contribuintes para que marquen a casiña de Actividades de Interese Social na súa declaración da renda anual, é coordinada pola Plataforma de ONG de Acción Social e conta co apoyo da Plataforma do Terceiro Sector, a Plataforma do Voluntariado de España, a Rede de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN-ES), o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), a Plataforma de Organizacións de Infancia e a Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento-España.

Máis información: www.xsolidaria.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar