facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A situación das demencias e da dependencia en Europa protagonistas das XV Xornadas de FAGAL

12/6/2017
  • O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, foi o encargado de inaugurar o evento, que contou co Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, na súa clausura.
  • Esta XV edición contou coas intervencións de expertos a nivel europeo na materia, como os representantes de France Alzheimer que desgranaron o Plan Nacional do Alzheimer do país galo.

A Federación Alzhéimer Galicia celebrou esta mañá a XV edición das súas xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias, que reuniu na Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela a preto de 200 profesionais do sector sociosanitario de toda Galicia.

As xornadas comezaron ás 9:15h coa inauguración oficial por parte do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, quen agradeceu todo o traballo que FAGAL está a realizar no apoio ás familias, con iniciativas como estas e outras ofertas formativas.

As demencias e a dependencia en Europa

Ó igual que o ano pasado, estas xornadas permitiron ós asistentes coñecer máis en profundidade en que situación se atopan outros países da Unión Europea en relación á dependencia, e máis concretamente, no ámbito do alzhéimer. Así, na charla inaugural contouse co presidente da federación France Alzheimer, Jöel Jaouen, quen desgranou os sucesivos plans nacionais en materia de demencias que se puxeron en marcha nos últimos 15 anos no país galo.

Por outra banda, expertos como Joseba Zalakain, do SiiS, e Jesús Rodrigo, de CEAFA, puxeron o aceno na situación que se está a vivir noutros países de Europa en relación á dependencia, centrándose nos modelos de intervención postos en marcha.

Atención ás persoas maiores e o traballo das asociacións

Os asistentes puideron coñecer da man de Javier Yanguas, da Fundación Matia, cales son as perspectivas de futuro na atención e intervención cas persoas maiores. Unido a isto, tres expertos a nivel galego celebraron un interesante debate en torno á relación entre a alimentación, o envellecemento e as demencias.

Así mesmo, nestas xornadas tamén houbo tempo para dar a coñecer o traballo que se está a desenvolver nas asociacións, como o programa “O alzhéimer na escola” de AFAL Ferrolterra ou o proxecto posto en marcha por AGADEA “Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego”. Tamén foi o momento de presentar os tres grupos de traballo de profesionais de FAGAL, que están a elaborar manuais específicos de atención para persoas con alzhéimer en materia de terapia ocupacional, traballo social e fisioterapia.

E para rematar, a compañía catalá InCiTe deleitou ós asistentes cunha conferencia teatralizada sobre a sexualidade na vellez e no alzhéimer a través de diferentes mitos da historia do cine.

Clausura do Conselleiro de Política Social

O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da Directora Xeral de Familia, Amparo González, o presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, e a vicepresidenta, Mª Carmen Martínez, foi o encargado de clausurar estas XV Xornadas incidindo na importancia de contar coas asociacións no proxecto Red May para a creación de unidades móbiles de atención ó alzhéimer no rural, presentado esta semana.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar