facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Arrancan os talleres de musicoterapia para persoas maiores guiados por AFAL nas parroquias de Valdoviño

8/11/2017
  • Un total de 33 veciños e veciñas iniciaban as sesións onte en Meirás, Vilaboa e Pantín e, hoxe, outros 19 faranno en Sequeiro.

O Concello de Valdoviño inauguraba onte os talleres de musicoterapia gratuítos para persoas maiores do municipio. Un proxecto impulsado pola Concellería de Servizos Sociais que arrancaba nos locais sociais de Meirás, Vilaboa (antiga escola unitaria) e Pantín e que hoxe se celebrará no de Sequeiro (tamén antiga unitaria). Así, a partir desta semana as sesións celebraranse cunha periodicidade semanal e por espazo de hora e media.

Os talleres están guiados por AFAL e con eles búscase, a través da música, os sons e as vibracións, mellorar a comunicación, a aprendizaxe, a memoria, a motricidade e a expresión dunha forma completamente lúdica.

A boa aceptación da iniciativa constátase na participación, xa que 19 veciños e veciñas acuden ós talleres en Sequeiro ; 6 en Meirás ; 12 están anotados en Vilaboa e 15 en Pantín.

Aínda así, queda algunha praza libre, co que as persoas interesadas en tomar parte aínda teñen a oportunidade de anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial –pranta baixa do consistorio- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar