facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Tarde Solidaria en Cabanas Rural a beneficio de AFAL Ferrolterra

14/6/2019

Este sábado 15 de xuño celébrase a Tarde Solidaria de Cabanas Rural, unha cita lúdica repleta de actividades a beneficio de AFAL Ferrolterra e do labor que desenvolve a asociación a favor das persoas afectadas de alzheimer e das súas familias.

A cita empezará ás 16,30 horas coa apertura de portas e, tras a benvida, arrincarán
os talleres de cestería guiados por Cabanas Rural e coa participación das persoas usuarias dos centros de día de AFAL.

A música cobrará cedo protagonismo e, sobre as 16,40 horas, está prevista a actuación do grupo “Silbarda” da Capela. Tomará o relevo, ás 17 horas, o grupo de acordeóns “Airiños” do mesmo municipio e, media hora máis tarde, as persoas maiores de AFAL e as mulleres de Cabanas Rural comezarán a pintar o cadro que realizan en directo todos os anos.

Ás seis arrincará a merenda co chocolate e a bola como protagonistas e, ás 18,30
horas, o grupo de boleros “Los Nostálgicos” ofrecerán unha actuación estelar que
non defraudará ao público. Sobre as 19,15 horas realizarase o tradicional sorteo de
agasallos que poñerá o punto e final á Tarde.

Precisamente, a recadación da venda de rifas solidarias, que Cabanas Rural xa
iniciou hai meses, destinarase a AFAL. Desde a entidade anímase a colaborar coa súa
adquisición e lémbrase que o/a agraciado/a sempre recibe o premio, aínda que por
diversas circunstancias non puidese acudir á cita, xa que se marca nome e teléfono
para poñerse en contacto.

Por último, Cabanas Rural e AFAL animan e convidan a todo o mundo a reservar un
oco nas axendas e achegarse mañá sábado á Tarde Solidaria. Unha cita para gozar
en familia e, ao mesmo tempo, colaborar cunha boa causa.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar