facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Tras o éxito acadado os talleres de memoria e o grupo de apoio a familiares que imparte AFABER retomaranse en setembro

14/6/2019
  • Clausura dos talleres de memoria no Concello de Ponteceso

No pasado mes de febreiro a asociación AFABER comezou a impartir dous talleres de memoria para persoas maiores a solicitude do Departamento de Sevizos Sociais do Concello de Ponteceso. Bea Crespo, terapeuta ocupacional da asociación, foi a encargada de dirixir estes talleres.

O martes 11 de xuño tivo lugar a clausura destes talleres na Casa das Escolas, no Concello de Ponteceso e o mércores 12 de xuño no museo de arte en Corme-Porto.

Á entrega dos diplomas asistiron representantes do concello e da xunta directiva de AFABER.

  • Clausura do grupo de apoio a familiares

O mércores 12 de xuño tamén tivo lugar a clausura do grupo de apoio a familiares
levados a cabo por AFABER no Concello de Carballo. O grupo de apoio retomarase no mes de setembro, todos os primeiros mércores de mes ás 20:15 no local da asociación. A profesional encargada de dirixir estes grupos é a psicóloga Lara Rodríguez de Las Heras.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar