facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Visita da Alcaldesa de Lugo á Unidade Terapéutica de AFALU

26/12/2018

O pasado venres a Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer de Lugo, AFALU, recibiu a visita da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e da Concelleira de Benestar, Ana Abelleira, na Unidade Terapéutica da asociación lucense. As ediles do Concello de Lugo foron recibidas pola Vicepresidenta da entidade, Iria Franco.

Durante esta visita, a alcaldesa e a concelleira aproveitaron para coñecer de primeira mana as características das persoas usuarias dos diferentes centros de AFALU e as necesidades que lle xorden ás familias das persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Ademais, aproveitaron a ocasión para desexar Bo Nadal a todas as persoas, usuarias e traballadoras, da asociación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar