facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Unha gran X Solidaria anima aos contribuíntes a marcar a casilla de fondos sociais na declaración da renda

5/4/2018
  • Marcar un recadro non significa que se paguen máis impostos nin que che devolvan menos.
  • 589.979 persoas aínda non marcaron o recadro. Se o fixeran, tería permitido chegar aos 26.520.100€ de recadación (10.972,496€ máis que no ano anterior).
  • A partir de agora estes fondos serán xestionados pola Consellería de Política Social nunha convocatoria única destinada íntegramente e como ata agora a programas de loita contra a exclusión social xestionados por ONG.

Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación da nova campaña da “X Solidaria” que este ano reuniu na capital a máis de 400 persoas que “debuxaron” sobre o chan do Obradoiro a forma dunha “X”, visibilizando así a importancia de marcar a casiña de FINS SOCIAIS na declaración da renda.

Moitos destes beneficiarios incidiron durante o acto na importancia de marcar o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na declaración, pois “trátase dun simple xesto que non custa nada, e que axuda a moitas persoas a través de programas tan diversos como atención de persoas sen fogar, persoas con discapacidade, maiores, mulleres en dificultade social, vítimas de violencia de xénero…”

A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, o presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha e a representante da Coordinadora Galega de ONGD Lorena Seijo, explicaron neste acto a importancia de marcar a X, “que beneficia directamente a milleiros de persoas en Galicia como as que hoxe están aquí. En palabras de Mónica Permuy, “Hoxe as organizacións que representamos ao Terceiro Sector galego queremos facer un chamamento á cidadania para que marque o recadro do X Solidario. Como sabedes, a Administracion ofrécenos a posibilidade de decidir a que queremos destinar unha parte do diñeiro que se recada cos nosos impostos. En concreto o 0,7 %. Ese porcentaxe irá destinado a facer proxectos sociais para as persoas en risco de exclusión social. España é un dos países con máis desigualdades dentro da Unión Europea. Hai 13 milllóns de persoas que están en situación de pobreza e se tódalas persoas que non marcan a X Solidaria o fixeran, poderíamos recadar 11 millóns de euros máis”

Pola súa banda, o pesidente do CERMI, Iker Sertucha tamén quixo incidir na “necesidade de manter a calidade e filosofía destes fondos de acción social” que ata agora xestionaba o Ministerio, pero que a partir do próximo ano xestionará a Xunta de Galicia. “É unha boa nova que permitirá unha maior proximidade ás persoas e ás necesidades, pero para iso débense manter os criterios do presente modelo. Nos queremos instar, en primeiro lugar, a que o 100% do diñero vaia íntegramente destinado a política social, en segundo lugar, que estes cartos estén destinados a ONGS que estén inscritas e recoñecidas na nosa comunidade autónoma e en terceiro lugar pedimos que haxa menos burocracia na documentación e que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha os proxectos”

Tanto os beneficiarios alí presentes como os responsables das ONG organizadoras, tamén coincidiron en destacar que se trata “dun dereito que temos todos: escoller a onde van a parar os nosos impostos. “O que pretendemos con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuir á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar