facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Primeira Xornada de Traballo de Terapeutas Ocupacionais

20/5/2015

Onte tivo lugar na sede de FAGAL en Santiago de Compostela a primeira xornada de traballo do grupo de Terapeutas Ocupacionais das diferentes asociacións que compoñen a Federación Galega de Alzhéimer.

Este grupo de traballo, integrado por Terapeutas Ocupacionais das AFAs galegas, ten como obxectivo desenvolver un modelo de estimulación funcional para as asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de Galicia. Este modelo está orientado a profesionais e quere poñer en valor o traballo e saber facer dos profesionais das asociacións neste eido. Esta primeira xornada serviu para poñer en común diversas propostas, e para crear o plan de traballo que se vai seguir nos vindeiros meses.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar