facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Xornada final do proceso de planificación estratéxica da Federación Alzhéimer Galicia

9/7/2018

O pasado sábado tivo lugar na Asociación de Veciños "Monte do Gozo", en Santiago de Compostela, a xornada final do Grupo Motor que está a traballar no proceso de planificación estratéxica da Federación Alzhéimer Galicia para os vindeiros anos. A xuntanza, que contou coa participación de representantes das asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de toda Galicia, foi o punto e final dunha serie de reunións realizadas nos últimos meses.

Neste primeiro semestre do ano, o Grupo estivo a traballar na definición dos obxectivos e dos procesos que teñen que levar a cabo a federación e as asociacións para conseguir un sector asociativo do alzhéimer forte na nosa comunidade. Ademais das reunións grupais, tamén se realizaron entrevistas persoais co obxectivo de que as asociacións puidesen aportar unha visión máis completa do que ten que ser FAGAL.

Este plan estratéxico, que estará rematado no mes de outubro, púxose en marcha grazas ó apoio da Fundación Botín e do seu programa "Talento Solidario", que permitiu a contratación dunha consultoría externa que está a coordinar todo o proceso de reflexión.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar