facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Xornada formativa sobre alzhéimer de AFALU na Deputación de Lugo

14/12/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Lugo, AFALU, impartiu esta mañá unha xornada formativa na Deputación de Lugo para futuros profesionais sociosanitarios e auxiliares. Esta actividade que virou en torno ao alzhéimer foi impartida por Verónica Grandío e Noelia Rodríguez, psicóloga yfisioterapeuta de AFALU, respectivamente.

Durante esta xornada, os asistentes puideron comprobar o traballo que realiza a asociación lucense cos usuarios que acoden a diario aos seus centros e facilitóuselles información sobre a enfermidade, desde as diferenzas entre alzhéimer e demencia, as fases da doenza ou os diferentes tipos de tratamentos, tanto farmacolóxicos como non farmacolóxicos, entre outros temas.

Diversiarte

Ademais, a asociación lucense participou estes días en Diversiarte, feira solidaria que tivo lugar en Lugo e que aproveitou AFALU para facilitar información sobre a asociación e as súas actividades. Ademais, os asistentes puideron mercar obxectos realizados polas persoas usuarias de AFALU nos seus obradoiros de laborterapia. Unido a isto, o cartel da feira deste ano foi realizado pola asociación.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar