facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

As Xornadas de AFAGA analizaron un dos grandes hándicaps que se atopa a neurociencia: o diagnóstico

7/12/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia, AFAGA, organizou un ano máis as Xornadas Profesionais, que nesta ocasión chegaron á súa décimosexta edición, e que se dirixen a todas as persoas relacionadas coa atención ás persoas maiores e/ou dependentes. Uns cen profesionais do sector congregáronse neste encontro.

Carlos Spuch, Doutor en Neurociencias e investigador do IIS Galicia Sur, abriu o evento coa conferencia ‘Actualización en diagnóstico e patróns diana na investigación das demencias’. Nela analizou cuestións tan importantes como a necesidade urxente de diagnósticos correctos.

“Isto vainos a permitir facer dúas cousas, –explica Spuch- por unha banda, se identificamos a esta poboación que ten a enfermidade, pero aínda non ten dano cerebral grave poderán ter altas probabilidades de que fármacos experimentais poidan funcionar (un cerebro que está nos primeiros estadíos ten mecanismos propios que lle permiten recuperarse e rexenerarse). E, doutra banda, o diagnóstico cedo permitiría modificar os nosos hábitos de vida cara a uns máis saudables que permitirían atrasar a enfermidade e, por que non, detela se se intervén a tempo”

Ademais disto, as xornadas abordaron outras cuestións como o desenvolvemento de programas de Educación Emocional dirixidos a coidadores, o proceso do duelo, ou a importancia do voluntariado nas intervencións e traballo con colectivos vulnerables.

E a conferencia de clausura levou por título: ‘Percepción da dor en persoas con alteracións cognitivas’, un tema igual de interesante que controvertido.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar