facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Xuntanza da Federación Alzhéimer Galicia co Presidente do CERMI Galicia

7/2/2017

O pasado xoves tivo lugar na sede de FAGAL unha xuntanza entre o CERMI Galicia e a Federación Alzhéimer Galicia, na que estiveron presentes o presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, a vicepresidenta da federación, Mª Carmen Martínez, así como o novo presidente do CERMI, Iker Sertucha, e o Secretario, Carlos Fernández. Esta reunión encádrase dentro da ronda de contactos levada a cabo polo CERMI Galicia para dar a coñecer a nova xunta directiva ás entidades da discapacidade de Galicia.

Durante a xuntanza, o presidente de FAGAL puido presentar as liñas de traballo da entidade e as principais reclamacións que dende a Federación se están a realizar nos últimos meses, destacando a necesidade da posta en marcha dun Plan Transversal das Demencias en Galicia, a eliminación do copago e o recoñecemento da discapacidade ás persoas cunha demencia no momento do seu diagnóstico.

Así mesmo, dende o CERMI Galicia amosouse a necesidade de aumentar a colaboración entre as diferentes entidades da discapacidade de Galicia e agradeceuse a participación activa que se realiza nos proxectos e campañas postas en marcha polo CERMI.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar