facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

As XVI Xornadas da Federación Alzhéimer Galicia incidiron na situación da atención e da investigación en demencias en España e Portugal

11/6/2018
  • O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, foi o encargado de inaugurar o evento, que reuniu a arredor de 200 profesionais do ámbito das demencias en Galicia.
  • Durante o evento, a federación e Alzhéimer Portugal asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de continuar colaborando en diversas actividades.

A Federación Alzhéimer Galicia celebrou o pasado sábado a XVI edición das súas xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias, que reuniu na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela a 200 profesionais adicados ao ámbito das demencias en toda Galicia.

Este evento formativo foi inaugurado polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado polo Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, e a Vicepresidenta, Isabel Gey. O titular do departamento autonómico amosou o apoio da consellería ás asociacións de alzhéimer e animounas a continuar impulsando novas ideas para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia.

O acto serviu para amosar o recoñecemento da federación e das trece asociacións galegas a Mª Isabel Pérez, exdirectora da Área Social da Fundación Barrié, a quen se lle entregou un galardón pola súa traxectoria e o seu apoio ás entidades de alzhéimer a través dos programas Red Paraguas e Más Social.

As demencias en Portugal e a investigación en España

Esta XVI edición das Xornadas comezou cunha aproximación á situación das demencias en Portugal, a través do Presidente de Alzhéimer Portugal, José Carreira. A participación da entidade portuguesa completouse coa sinatura dun convenio de colaboración entre a Federación Alzhéimer Galicia e Alzhéimer Portugal, co obxectivo de continuar a realizar actividades conxuntas nos vindeiros anos.

Por outra banda, os asistentes puideron comprobar o estado da investigación en alzhéimer en España da man do Centro de Investigación Biomédica en Red sobre Enfermedades Neurodegenerativas. Foi a súa xerente, Mª Ángeles Pérez, a encargada de contar o traballo que realiza o centro na coordinación dos diferentes grupos de investigación en enfermedades neurodexenerativas, mentres que o investigador da Universidade de Barcelona, Isidro Ferrer, comentou máis en detalle o estudo neuropatolóxico que realiza o grupo que dirixe.

Tratamento de condutas, transparencia na xestión e o traballo das asociacións

Nun apartado máis práctico, a neuropsicóloga do CRE Alzhéimer, Lidia Gesteira, afondou no tratamento dos trastornos de condutas nas persoas cunha demencia, facilitando aos asistentes pautas axeitadas no traballo diario. Noutro dos relatorios, a Fundación Lealtad, a través da súa Directora de Relacións Intitucionais, Mª Eugenia Larrégola, quixo incidir na importancia de cumprir cos principios de transparencia e bo gobernó na xestión de entidades sociais

Así mesmo, nestas xornadas tamén houbo tempo para dar a coñecer o traballo que se está a desenvolver nas asociacións galegas, como o programa interxeracional “El viaje de Carlota” de AFAGA, as terapias con animais de AFAL Ferrolterra e o proxecto de AFALU destinado a reducir a síndrome de Burnout nos profesionais da entidade. Ademais, a federación aproveitou a ocasión para dar a coñecer o manual “Fisioterapia en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas”, publicado este ano, e para darlle voz a FEGADEM, que contou o traballo que realiza a federación para mellorar a vida das persoas con Esclerose Múltiple.

Clausura das Xornadas

As Xornadas remataron, un ano máis, achegando unha visión poética e optimista do esquecemento na enfermidade de Alzheimer, cunha lectura teatralizada da obra “Na Butaca”, do grupo Butaca Zero, que encheu de emoción aos asistentes.

A Xefa Territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Mª Francisca Gómez, acompañada polo Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, e a vicepresidenta, Mª Carmen Martínez, foi a encargada de clausurar estas XVI Xornadas.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar