facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

As XVII Xornadas da Federación Alzhéimer Galicia incidiron na resposta da OMS ás demencias e na atención a través do Plan Nacional de Alzhéimer en Irlanda.

8/5/2019
  • O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, foi o encargado de inaugurar o evento, que reuniu a máis de 200 profesionais do ámbito das demencias en Galicia.
  • Durante o evento, tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a Federación e a Consellería de Sanidade quen destina 64.000€ a actividades de información e apoio ás familias coidadoras de persoas con alzhéimer.

A Federación Alzhéimer Galicia celebrou o pasado sábado a XVII edición das súas xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias, que reuniu na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela a máis de 200 profesionais adicados ao ámbito das demencias en toda Galicia e fóra dela.

Este evento formativo foi inaugurado polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado polo Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, e a Vocal, Sara Ruíz Salgado. O titular do departamento autonómico mostrou o apoio da consellería ás asociacións de alzhéimer e animounas a continuar impulsando novas ideas para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia.

A resposta da OMS ás demencias e o Plan Nacional de Alzhéimer de Irlanda.

Esta XVII edición das Xornadas comezou cunha aproximación á resposta da Organización Mundial da Salúd para coas demencias, da man da consultora Stefanie Freel. Quen achegou claves para o deseño de estratexias que permitan posicionar a Galicia como referente na atención e intervención en demencias a nivel estatal.
Por outra banda, as persoas asistentes puideron coñecer de primeira man o traballo realizado pola Sociedade Irlandesa de Alzhéimer, a través do seu director executivo Pat Mcloughlin. Ademais de propiciar o intercambio de experiencias entre os nosos proxectos e os que levan a cabo en Irlanda, este encontro serviu para a creación de lazos que posibiliten futuras colaboracións.

Comunicación non verbal, indicadores de calidade e o traballo das asociacións.

Nun apartado máis práctico, María Fraile, Terapeuta Ocupacional e Risoterapeuta, foi a encargada de abordar a importancia da comunicación non verbal entre o persoal sociosanitario e as persoas con demencia, animándonos a prestar atención ao noso ton de voz e postura corporal, ao mesmo tempo, de aprender a ler as posturas do outro. Polo seu lado, María Eugenia Fernandes Montilla, auditora, deu as claves para avanzar cara ao camiño da excelencia en canto á calidade da xestión, buscando a implementación de indicadores de calidade nas asociacións.

Así mesmo, nestas xornadas tamén houbo tempo para dar a coñecer o traballo que se está desenvolvendo nas asociacións de alzhéimer galegas. Nesta ocasión expuxéronse os traballos de 6 asociacións. En primeiro lugar AFAMO, a través de Martina Ferradás e Rocío Romero contaron a súa experiencia de colaboración co Concello para a implementación de talleres de detección precoz e como isto supuxo un aumento na súa rede de intervención; en segundo lugar, Nerea Rey foi a encargada de presentar o proxecto interxeracional de AFACO “O camiño pola memoria” que consistiu en realizar etapas do camiño de Santiago cos máis pequenos e en cada poboación realizar actividades coas persoas maiores da asociación de referencia da zona. En terceiro lugar desde AFAGA presentouse unha revisión de diferentes intervencións grupales de acompañamento a coidadores/ as familiares por Gonzalo Soliño. En cuarto lugar AFAOR a través de Andrea Álvarez, expuxeron os talleres de prevención da deterioración cognitiva impartidos pola asociación. En quinto lugar, AFAL Ferrol presentou o seu proxecto “Mestres e aprendices da vida” por Rita Touza e Silvia Terán. E por último, AFACHAN presentou de man de María Luz Vázquez e André Espiñeira un Obradoiro de composición musical.

Clausura das Xornadas

As Xornadas finalizaron, un ano máis, deixando espazo para a arte, nesta ocasión da man do musicólogo Xavier Branco mostrando a súa experiencia de anos de traballo con persoas con demencia a través de instrumentos pobres construídos con elementos cotiáns e que ademais combina á perfección coa cultura e música tradicional Galega.

A Xefa Territorial de Política Social da Coruña, María Blanco Aller acompañada polo Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, e a vocal, Sara Ruiz Salgado, foi a encargada de clausurar estas XVII Xornadas.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar