facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"Como integrante daquel grupo que vimos a conveniencia de crear FAGAL, síntome orgullosa da evolución da federación e as AFAs"





Pasaron 20 anos xa … cando os representantes das catro únicas asociacións que había en Galicia naquel momento, decidimos unir forzas para mellorar as condicións do colectivo de enfermos e familiares coidadores, melloras, que aínda que agora aínda son moi deficientes, entón érano moito máis.

Decidimos unirnos para potenciar a voz das persoas que coidábamos, que seguimos coidando, para dar visibilidade a esta enfermidade e ás consecuencias que ela produce, tanto nos enfermos como nas súas familias.

A día de hoxe, as asociacións que conforman FAGAL son un referente nas demencias e un recurso fundamental co que contar á hora de buscar apoios, cando nunha familia maniféstanse os primeiros síntomas da enfermidade e acompañándoas durante o longo proceso da mesma.

Todas as asociacións fomos crecendo paralelamente a FAGAL, que serviu de nexo de unión entre todas. Fomos ampliando os servizos tendo en conta as necesidades que as familias nos manifestaban, pasando de prestar un servizo puntual e informativo, ata o momento actual, que ofrecemos un apoio global e multidisciplinar; desde a detección dos primeiros síntomas, ata as últimas fases da enfermidade. Para iso, apoiámonos nos mellores profesionais, que nos dotaron de ferramentas necesarias para poder levalo a cabo.

FAGAL liderou as campañas de sensibilización que, co paso dos anos, conseguiron que a enfermidade de Alzheimer deixase de ser practicamente unha descoñecida, e en moitos casos ocultada, a ser entendida como un problema para a sociedade galega en xeral e tida en conta polos seus diferentes responsables políticos.

Como integrante daquel grupo que vimos a conveniencia de crear FAGAL, síntome orgullosa da evolución da Federación e das AFAS que a conforman. Non foi froito da casualidade, senón do traballo, a solidariedade e a implicación de moitos. Non quero esquecerme de persoas que por diferentes motivos non están en primeira liña agora (Concha, Chiruka, Marta … ) a súa xenerosidade, os seus coñecementos e as súas ganas de mellorar, buscando sempre a concordia e axuntando esforzos, conducíronnos ao momento actual.

Queda moito por facer…… e oxalá FAGAL, siga sendo ese punto de unión que foi ata agora, para tantos que traballamos no día a día para mellorar a realidade das persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer.

Moitas grazas!

Carmen Martínez Pulleiro
Presidenta de AFACO
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar